Xornada pública

Milleiros de mulleres espalladas por todo o territorio galego xuntábanse para tocar e bailar sendo a centralidade da transmisión musical e da palabra. Aínda hoxe ofrecen un xeito de entender o mundo fóra da transacción comercial.


O vindeiro 19 de decembro xuntarémonos en Carballo. Encontrarémonos, conversaremos, falaremos do que sabemos e do que queremos transmitir como pandeireteiras, regueifeiras, músicas, compositoras e pensadoras. E comezaremos a construír un espazo relacional onde podermos traballar sen validacións externas.



A entrada é de balde, mais cómpre realizar a inscrición pola limitación da capacidade do recinto (72 prazas). Podes inscribirte nesta mesma páxina web, no apartado “Inscríbete”.

INSCRÍBETE Descarga o programa

Programa

09.30

Benvida e presentación

Mercedes Peón, Ana Fernández, Gisela Sanmartín e Mar Suárez.

09.30

Relatorio Somos pandeireteiras

Mercedes Peón.

10.30

Encontro interxeracional de tocadoras

Selina Otero entrevista a Ermitas de Ánxelo, Carmen de Lema e Icía do Manso.

11.30

Descanso

12.00

Mesas de traballo

13.30

Conclusións das relatoras

María Reimóndez, Susana Arins, Andrea Nunes e Ana Romaní.

14.00

Peche

Mercedes Peón.

Mesas de traballo

O rol da pandeireta e da voz no eido musical contemporáneo.

Debate sobre a influencia das pandeireteiras e a súa forma de vida no contexto musical actual.

Modera: Gisela Sanmartin (Xirifeiras).
Relatora: Ana Romaní.

A función social das tocadoras e das pandeireiteiras. Recuperación da mundanidade.

Debate sobre a función social das mulleres pandeireteiras no S XX. e na actualidade.

Modera: Mar Suárez (Raigañas).
Relatora: Susana Arins.

A representación social na transmisión da pandeireta e da voz. A función dos grupos e das asociacións no contexto actual.

Conversa sobre a función das asociacións na transmisión da pandeireta e o canto.

Modera: Ana Fernández (AC Rosalía de Castro).
Relatora: María Reimóndez.

Por que non tocades todas?

Unha análise de xénero no afastamento da centralidade das tocadoras no imaxinario actual.

Modera: Mercedes Peón.
Relatora: Andrea Nunes.

Participantes

Relatoras